Installation Guide (Galego)

From Parabola GNU/Linux-Libre Wiki

Jump to: navigation, search

Nos novos dispositivos de instalación 2012.07.15, xa non se usa o AIF —o programa de instalación de Parabola: Parabola Installation Framework—. No seu lugar utilizanse os scripts de instalación de Parabola para levala a cabo. Neste artigo resumese o proceso de instalación mediante ditos scripts. Os novos usuarios deberían botarlle un ollo a guía para principiantes:Beginners' Guide (Galego); elaborada expresamente para eles e que lles axudará a dar os primeros pasos en Parabola.

Contents

Descarga

Podese descargar a nova imaxe ISO de a páxina de descarga de Parabola.

  • Hay tan só unha imagen, en lugar de seis distintas, coas que se poden arrincar sistemas con aquitectura i686 e x86_64 para proceder coa instalación de Parabola a través da rede. Sen embargo, xa non se distribuen dispositivos que conteñan o repositorio [core].
  • As imaxes de instalación veñen asinados cunha chave PGP e recomendase encarecidamente verificalas antes de utilizalas. En Parabola, esto podese facer executando
    pacman-key -v <iso-file>.sig
  • A imaxe podese grabar nun CD, utilizala montada como imaxe ISO ou pasala directamente a un dispositivo USB utilizando dd. Este sistema está pensado para instalacións novas. Unha instalación de Parabola existente podese actualizar sempre mediante o comando pacman -Syu.

Distribución do teclado

Hai configuracións do teclado dispoñibles para unha multitude de paises e tipos de teclado. Utilizando, por exemplo, o comando loadkeys es podese axustar a distribución do teclado desexada. Hai máis ficheiros de configuración do teclado a disposición dos usuarios. Estes atopanse en /usr/share/kbd/keymaps/ (non é necesario especificar a ruta nin a extensión de fichero cando se utiliza loadkeys).

Particións

Consultar partitioning para obter información más detallada sobre cómo realizar o particionado do disco duro.

É importante recordar que hai que crear os dispositivos de bloques apilados —stacked block devices— como poden ser LVM, LUKS, o RAID.

Formatear as particións

Consultar esta sección sobre cómo formatear un dispositivo para máis información.

Se está utilizando (U)EFI —Interfaz Extensible del Firmware (Unificada)—, o máis probable é que precise outra partición para albergar a partición do sistema UEFI. Consultar este artículo para máis información.

Montar as particións

O seguinte paso é montar a partición do sistema —root— en /mnt. Hai que crear directorios tanto para root como para calquera outra partición (/mnt/boot, /mnt/home, ...) se queremos que genfstab as recoñeza.

Conexión a internet

Se está conectado mediante cable ethernet, executando dhclient ou dhcpcd asignarasenos a dirección IP e, polo tanto, tenremos acceso a internet. Para máis información, consultar configuring network.

Conexión inalámbrica por Wi-Fi

No caso de querer conectarse mediante Wi-Fi, consultar Wireless Setup e Netcfg para obter máis información sobre cómo configurar a conexión inalambrica.

Instalación do sistema base

Antes de proceder coa instalación, é recomendable editar o ficheiro /etc/pacman.d/mirrorlist para especificar o mirror (servidor réplica) que máis vos conveña. Esta copia do ficheiro mirrorlist será a que se vai a instalar mediante pacstrap polo que vale a pena facer isto.

Có script pacstrap instalaremos o sistema base. O grupo de paquetes base-devel debe instalarse se ten pensado compilar software a través de AUR ou utilizando ABS.

# pacstrap /mnt base base-devel

podense instalar outros paquetes, como por exemplo o xestor de arranque, engadindo os seus nomes ao comando anterior —e separándolos con espazos—.

Instalación del xestor de arranque

GRUB

  • Para BIOS:
# pacstrap /mnt grub-bios
  • Para EFI (en ocasións excepcionais será necesario instalar grub-efi-i386 no seguinte lugar):
# pacstrap /mnt grub-efi-x86_64

Syslinux

# pacstrap /mnt syslinux

Configuración do sistema

Xerar un ficheiro fstab co seguinte comando (se se quiere utilizar UUIDs ou etiquetas, hai que especificar as opcións -U ou -L respectivamente):

# genfstab -p /mnt >> /mnt/etc/fstab

A continuación facemos chroot ao sistema que acabamos de instalar:

# arch-chroot /mnt
  • Introducimos o nombre do host en /etc/hostname.
  • Creamos un enlace simbólico de /etc/localtime a /usr/share/zoneinfo/Zona/SubZona. Hai que substituir Zona e Subzona de acordo coas nosas preferencias. Por exemplo:
# ln -s /usr/share/zoneinfo/Europe/Madrid /etc/localtime
  • Descomentamos o idioma do sistema elixido en /etc/locale.gen gen e xeramos mediante locale-gen.
  • Configuramos /etc/mkinitcpio.conf de acordo coas nosas necesidades (consultar mkinitcpio para máis información) e creamos unha unidad RAM inicial executando:
# mkinitcpio -p linux
  • Para configurar o xestor de arranque deberemos instalalo na MBR e xerar o grub.cfg ejecutando:
# grub-install /dev/sdX
# grub-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg
  • Establecemos unha chave de administrador —root— con: passwd.

Desmontar particións e reiniciar

Se esta todavía no entorno chroot, executamos exit ou presionamos Ctrl+D para sair del. Anterior mente montamos as particiones en /mnt. Neste paso, vamos a desmontalas:

# umount /mnt/{boot,home,}

Agora reinicie e logo inicie sesión no novo sistema coa conta de root.

Configurar pacman

Edite o ficheiro /etc/pacman.conf e configure as opcións de pacman, tamén habilite os repositorios que necesite.

Consulte Pacman e Official Repositories para máis detalles.

Actualizar o sistema

En este punto debese actualizar o sistema.

Consulte Upgrading packages para obter instrucións.

Engadir un usuario

Por último, engada un usuario normal, como se describe en User management.

O seu novo sistema base de Parabola é agora un entorno GNU funcional: pode continuar en Guía para Principiantes/Extra para coñecer suxerencias de personalización.